InicioOrientalRibadeoO campo de Outeiro, en Ribadeo, xa pode acoller partidos da Real...

O campo de Outeiro, en Ribadeo, xa pode acoller partidos da Real Federación Galega de Fútbol

O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “desde o Concello de Ribadeo fixemos melloras no campo de Outeiro, na Devesa, que teñen como obxectivo facer que cumpra as especificacións necesarias para poder albergar competicións da Real Federación Galega de Fútbol”.

Publicada o

- Advertisement -

O campo de Outeiro, na Devesa, xa pode acoller as competicións da Real Federación Galega de Fútbol grazas ás melloras realizadas polo Concello.

O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “desde o Concello de Ribadeo fixemos melloras no campo de Outeiro, na Devesa, que teñen como obxectivo facer que cumpra as especificacións necesarias para poder albergar competicións da Real Federación Galega de Fútbol”.

O concelleiro ribadense contou que “melloramos os accesos cunha rampla que permita o acceso ao recinto tanto do público xeral como o de mobilidade reducida. Fixemos un cerramento de valla necesario para a competición e tamén dando a posibilidade de que unha ambulancia poida acceder ao terreo de xogo se fose necesario”.

Silvent subliñou que “con isto conseguimos un novo terreo de xogo no que os nosos equipos poidan tanto adestrar como xogar calquera tipo de competición”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...