InicioOrientalRibadeoRibadeo celebrará o 8 de outubro a exaltación do pemento de Piñeiro

Ribadeo celebrará o 8 de outubro a exaltación do pemento de Piñeiro

A concelleira de Comercio e Turismo subliñou que “a historia do pemento de Piñeira discorre paralela á de varias xeracións de veciños e veciñas desta parroquia e dous seus arredores".

Publicada o

- Advertisement -

O 8 de outubro terá lugar a xornada de exaltación do pemento de Piñeira no Mercado dos Domingos. Haberá unha proxección, unha exposición, unha mostra degustación, tapiñas nos locais hostaleiros da contorna e música. A cita foi presentada pola concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.

A edil ribadense contou que “o vindeiro 8 de outubro volvemos ter unha cita no Mercado dos Domingos, nesta ocasión será coa xornada de exaltación do pemento de Piñeira”.

Saiz relatou que “ás 11:30 teremos Conversas na cortiña coas produtoras e produtores ; ás 12:15 horas mostra degustación do pemento de Piñeira a cargo de Mar Orosa, cociñeira do restaurante El Oviedo; e a partir das 13:00h horas concerto con Paraíso Canto. Ademais durante as horas do mediodía poderemos disfrutar dunhas tapiñas nos locais hostaleiros da contorna do mercado. E tamén poderemos visitar a exposición Impórtanos un pemento, onde poderemos ver a trazabilidade deste produto desde a súa semente ata a súa recollida”.

A concelleira de Comercio e Turismo subliñou que “a historia do pemento de Piñeira discorre paralela á de varias xeracións de veciños e veciñas desta parroquia e dous seus arredores, que protexeron e transmitiron os segredos da sementeira, o cultivo e a recollida deste produto con características propias, que o diferencian doutras variedades autóctonas. Os labregos e as labregas de Piñeira e Vilaselán sempre foron extremadamente coidadosos cos traballos que rodean ao pemento, cultivándoo como se dun verdadeiro ritual se tratara, transmitindo os seus segredos de xeración en xeración”.

Marta Saiz anima a acudir ao Mercado dos Domingos: “por todo isto e porque alí poderedes atopar e mercar produtos de proximidade e de gran calidade non esquezades acudir a este cita o vindeiro domingo, 8 de outubro. Convidámosvos a mergullarvos na historia do noso pemento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...