InicioOrientalRibadeoFoz recibe como donativo do profesor Pepe Otero os beneficios pola venda...

Foz recibe como donativo do profesor Pepe Otero os beneficios pola venda do seu libro

Publicada o

- Advertisement -

En setembro do pasado ano 2022, o profesor Pepe Otero presentaba na Casa da Cultura o seu último libro, O mito da razón e outros relatos, acompañado polo ex director da Real Academia Española Darío Villanueva e do tamén profesor Ramón Reimunde. Este libro púxose á venda nas librerías de Foz (Bahía, Ofifoz e Rapadoira) e os beneficios destas vendas decidiu doalos ao Banco de Alimentos Municipal.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, veñen de recibir hoxe, venres, o donativo froito das vendas do libro, na cantidade de 1.200 euros, que “será destinado ao fin que o propio autor do libro pediu: algo tan importante como cubrir necesidades do Banco de Alimentos Municipal”. Alcalde e concelleira agradecen enormemente esta acción altruísta, que “parte do enxeño e reflexións dun profesor tan recoñecido en Foz como Pepe Otero e que reverte no beneficio da sociedade”.

No ano 2018 o profesor e filósofo Pepe Otero xa fixera unha doazón ao Concello coas vendas dunha publicación anterior.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...