InicioOrientalRibadeoDomingo de exaltación do pemento de Piñeira en Ribadeo

Domingo de exaltación do pemento de Piñeira en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Animada xornada de exaltación do pemento de Piñeira esta mañá no Mercado dos Domingos en Ribadeo.

Houbo Conversas na cortiña coas produtoras e produtores; mostra degustación do pemento de Piñeira a cargo de Mar Orosa, cociñeira do restaurante El Oviedo; e concerto con Paraíso Canto.

Domingo de sol e de calor en Ribadeo no que ducias de persoas se achegaron tamén á contorna da praza de abastos a saborear o pemento de Piñeira nos catro locais hostaleiros que ofreceron tapiñas preparadas con esta exquisitez da horta ribadense. Ademais de aproveitar a mañá para mercar produtos de proximidade e de gran calidade nos postos instalados no Mercado dos Domingos. A edición deste 2023 rematará o 15 de outubro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...