InicioOrientalRibadeoRibadeo terá preparado o IV Plan de Igualdade a comezos de 2024

Ribadeo terá preparado o IV Plan de Igualdade a comezos de 2024

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, contou que o plan está agora mesmo se atopa na fase de diagnose.

Publicada o

- Advertisement -

O Salón de Plenos do Concello de Ribadeo acolleu hai uns días unha xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero. A sesión cuestións como a presentación do novo Plan de Igualdade para Ribadeo.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, contou que “a directora de Coeduca, Pilar Porral, a Consultora encargada da elaboración do IV Plan de Igualdade, comentou que agora mesmo se atopa na fase de diagnose, que está a piques de concluír, e prevese que a elaboración do mesmo estea finalizada a principios do próximo ano, permitindo a implementación de medidas desde o inicio do mesmo.”

A edil ribadense describiu “a programación enfocada para a prevención e sensibilización contra a violencia de xénero prevista para este trimestre, con actividades dirixidas tanto aos centros de ensino como á poboación en xeral. É importante a colaboración dos diferentes axentes sociais presentes na mesa, que participen activamente nos distintos eventos e actividades programadas e que fagan propostas en nome dos organismos que representan. Para asegurar a participación de todas as asociacións convocarase en breve o Consello da Muller”.

Sanjurjo dixo que “as técnicas do Centro de Información á Muller (CIM) participaron a semana pasada nun Programa da Secretaria Xeral da Igualdade destinado ao impulso das Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero”. E subliñou que “estas mesas locais son moi importantes, xa que son un recurso esencial na loita contra a violencia de xénero. A coordinación entre as diferentes institucións é fundamental para abordar este grave problema de maneira eficaz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...