InicioOrientalRibadeoAPAGA organiza un seminario sobre proxectos de mobilidade Erasmus+

APAGA organiza un seminario sobre proxectos de mobilidade Erasmus+

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “abordaremos cuestións como que é Erasmus+, os participantes que poden beneficiarse destes proxectos europeos, os países de destino, a duración das estancias, os idiomas, a canalización de axudas e bolsas, a inclusión e a internacionalización das institucións”.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza un Seminario sobre Proxectos de Movilidad Erasmus+, que se celebrará nas súas instalacións de Vilar o vindeiro sábado, 14 de outubro, en horario de 10 a 13 horas.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “abordaremos cuestións como que é Erasmus+, os participantes que poden beneficiarse destes proxectos europeos, os países de destino, a duración das estancias, os idiomas, a canalización de axudas e bolsas, a inclusión e a internacionalización das institucións”.

Doural engade que “o ErasmusDay, que teremos o sábado, está dirixido a profesorado e alumnado de FP de toda a zona, a empresas e a institucións relacionadas coa educación. Trátase dunha cita que se celebra durante toda esta semana nos países que forman parte da Unión Europea”. O presidente de Apaga lembra que “a nosa asociación é unha das entidades españolas que contan con acreditación Erasmus+. É un recoñecemento ao traballo realizado nos últimos anos”.

Álvaro Doural subliña que “agora mesmo temos en marcha proxectos de mobilidade e tamén de innovación. Estamos a terminar un sobre robótica e iniciarase un sobre a tecnoloxía do hidróxeno. Fixemos desde Apaga unha aposta importante no tema do hidróxeno, fixemos un estudo nas distintas empresas que o están utilizando, estudos tamén a nivel doutros países como Alemaña que o está empregando tamén principalmente no ferrocarril. E cremos que pode ser a tecnoloxía do futuro, nalgunhas empresas españolas como a EMT de Madrid xa se está utilizando e están a empezar a crear as súas propias hidrogeneras para poder producir hidróxeno”

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a Apaga no teléfono 639 88 49 45 ou ao correo electrónico apagaribadeo@gmail.com.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...