InicioOrientalTrabadaO alcalde de Ribadeo pide calma á poboación ante o incendio iniciado...

O alcalde de Ribadeo pide calma á poboación ante o incendio iniciado en Trabada

O rexedor dixo que “desde o Concello de Ribadeo estamos a poñer todos os medios necesarios e tamén desde a Xunta de Galicia”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, pide tranquilidade á poboación, tras a chegada do lume que onte pola tarde se iniciaba no veciño concello de Trabada. Nesta momento hai varias parroquias afectadas.

O rexedor dixo que “a situación é dramática e complexa, pero o que pedimos é tranquilidade a toda a poboación. Desde o Concello de Ribadeo estamos a poñer todos os medios necesarios e tamén desde a Xunta de Galicia”.

Vega contou que “nestes momentos hai dificultades en Noceda, en Vilaframil, en Cubelas, en Piñeira e tamén en Piñeiro (Cedofeita). En varios puntos temos unha situación crítica, pero controlada. E imos seguir nesa liña de colaboración coa Xunta de Galicia e coas distintas administracións”.

O alcalde declarou: “desde o Concello pedimos tranquilidade, estamos a carón das persoas. Desde o primeiro momento poñemos a disposición o polideportivo municipal daquelas veciñas e veciños que tiñan risco nas súas casas. Estamos desde a unha da madrugada con ese pavillón listo e hoxe tamén con camas para persoas con problemas de mobilidade. Todo ben coordinado e imos seguir traballando”.

Dani Vega insistiu en pedir prudencia á veciñanza: “pedimos prudencia, pedimos que se atenda ás explicacións das autoridades e así entre todos poder solucionar este problema que é moi grave”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...