InicioOrientalRibadeoA 'pancha' xa está nas rúas de Ribadeo desde este pasado domingo

A ‘pancha’ xa está nas rúas de Ribadeo desde este pasado domingo

O alcalde de Ribadeo sinalou que “onte, domingo, arrincou a quinta edición da Pancha. Xa podedes adquirir os bonos a través do moedeiro dixital Panchapeto".

Publicada o

- Advertisement -

A Pancha, a moeda local de Ribadeo, xa está na rúa desde onte. 50 persoas xa gastaron 1.975 panchas no primeiro día da campaña, segundo os datos facilitados hoxe polo alcalde, Dani Vega.

O rexedor dixo que “onte, domingo, arrincou a quinta edición da Pancha. Xa podedes adquirir os bonos a través do moedeiro dixital Panchapeto. Pouquiño a pouco está repercutindo de xeito positivo nos máis de 100 establecementos de comercio e de hostalería ribadenses. A campaña tamén beneficia á propia veciñanza e a todos aqueles que nos visitan porque obterán un aforro importante nas súas compras”.

Vega subliñou que “son 200.000 panchas as que están dispoñibles nesta edición ata o 31 de decembro. As panchas poden adquirirse en www.pancharibadeo.gal e aí está tamén toda a información así como a listaxe dos establecementos participantes”.

O alcalde lembrou que “son 80.000 euros de inversión. Iso ten un obxectivo claro que é estimular a economía local, darlle protagonista ao comercio e á hostalería locais”. E subliñou que “hai 50 packs vendidos e 1.975 panchas gastadas. Pouco a pouco a pancha, a moeda de todos, xa está poñéndose en circulación, todo o mundo se está a beneficiar desta moeda, deste aforro ao que o Concello quere darlle un protagonismo importante e quere seguir investindo cada vez máis porque é unha forma de axudar á economía local, a Ribadeo, que é o que importa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...