InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo e Kids&Us organizan o "Trick or Treat" unha actividade para...

ACISA Ribadeo e Kids&Us organizan o “Trick or Treat” unha actividade para os máis pequenos

O xerente de Acisa, José Pérez, engade: “non hai mellor plan que vir gozar de Ribadeo, do seu comercio, da súa hostalería e dos seus servizos”.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo e Kids&Us organizan o 28 de outubro unha nova actividade infantil denominada Trick or treat por locais asociados ao colectivo empresarial.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “a actividade busca entreter e divertir aos máis peques da casa coa tradición anglosaxoa do famoso truco ou trato, con motivo da celebración de Samaín ou Halloween. A proposta, que se realizará en inglés, está dirixida tanto a alumnos como a non alumnos da academia de entre 3 e 9 anos, e terá lugar o día 28 de outubro pola mañá. Aquelas nenas e nenos que queiran participar deberán inscribirse en https://forms.office.com/e/RSfTHq3jWa. Desde Acisa Ribadeo gústanos poder crear este tipo de actividades, que divirten e entreteñen a péquelos da casa, e que ademais serven para que os seus papás e mamás poidan dedicarse un pouco de tempo a eles mesmos, por exemplo a facer unhas compras ou a tomar algo cun pouquiño de calma.” Pérez Prada lembra que “durante estas semanas non se nos ocorre mellor sitio para facer compras, tomar algo, comer ou cear que Ribadeo. A día de hoxe contamos con tres actividades que fan de Ribadeo a mellor opción. Contamos con 52 tendas nas que poder usar o bono activa comercio da Xunta; en 102 negocios tanto de comercio como de hostalería pódense usar as panchas, a campaña do Concello de Ribadeo, coa que colaboramos desde Acisa. Calquera persoa de calquera cidade pode facerse coa moeda local e vir ata decembro a consumila. E por último coas compras ou consumicións realizadas estes días os clientes obterán unha tarxeta desconto de 0.09 euros por litro, para encher na estación de servizo de Valcarce”.

O xerente de Acisa engade: “non hai mellor plan que vir gozar de Ribadeo, do seu comercio, da súa hostalería e dos seus servizos e aproveitar todos os descontos postos ao alcance de veciños e visitantes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...