InicioOrientalRibadeoComezan as obras de mellora na Rúa do Pipelo en Ribadeo

Comezan as obras de mellora na Rúa do Pipelo en Ribadeo

O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

Estes días deron comezo as obras de mellora da rúa do Pipelo, que suporán un investimento de 183.000 euros. O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Deputación de Lugo.

O rexedor explicou que “comezamos unha reforma importante, unha mellora para todo o conxunto do casco histórico como é investir máis de 183.000 euros na rúa do Pipelo. Destacar a colaboración da Deputación, queremos agradecer esta liña de traballo conxunto, de xestión conxunta e de inversión para Ribadeo”.

Vega declarou: “eu sempre o digo, desde o goberno sempre o dixemos, que hai que xestionar en todas as administracións. O importante é que veña o orzamento para Ribadeo e nese traballo continuo estamos”.

O alcalde considera que “a rúa do Pipelo necesitaba unha transformación, unha mellora. Nosoutros sempre dixemos que había que seguir avanzando para mellorar o conxunto do casco histórico. Neste caso na rúa do Pipelo vaise renovar todo o pavimento, vaise aplicar un novo formigón, vamos arranxar o muro e as dúas entradas do aparcamento, vamos mellorar tamén a beirarrúa. Ese vieiro contará con nova iluminación e vamos humanizar toda a contorna con plantas, árbores… seguiremos dando pasos importantes para mellorar o casco histórico”.

Dani Vega indicou que “grazas á Deputación de Lugo melloraremos esta zona de Ribadeo, onde temos a escola infantil e o centro de día. E creo que é importante seguir dando pasos nesa colaboración institucional. Repito, o importante é que veña orzamento para o concello, seguir avanzando e mellorando o casco histórico e estes 183.000 euros significan un avance moi importante”.

O prazo de execución das obras será de 4 meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...