InicioPolíticaO alcalde de Ribadeo liga o futuro do porto ao dragado que...

O alcalde de Ribadeo liga o futuro do porto ao dragado que efectuará a Xunta

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, considera fundamental para o futuro da ría e da vida económica do porto o dragado que levará a cabo a Xunta de Galicia. Ademais haberá melloras na iluminación e no mantemento e conservación de todo o peirao.

O rexedor declarou: “valoramos moi positivamente a visita do conselleiro do Mar aquí a Ribadeo. Veu anunciar a maior inversión de toda a comarca por parte da súa Consellería. No conxunto da comarca hai moitos portos e a maior inversión é a de Ribadeo. Son 2 millóns de euros para o dragado da ría polo que levamos loitando moito tempo, tanto o sector coma noutros xa desde a oposición. Ademais eu mesmo presentei varias proposicións non de lei no Parlamento de Galicia esixindo esa inversión fundamental para o futuro da ría e tamén para o futuro da vida económica do porto”.

Para Vega “era importante que o porto comercial tivera ese dragado, tamén o porto pesqueiro e o porto náutico deportivo. Estes 2 millóns de euros supoñen que non corramos o risco de perder ningunha empresa no porto e iso é fundamental, prioritario e importante”.

O alcalde ribadense manifestou que “tamén valoramos que despois desa inversión de 2 millóns de euros tamén haxa inversión para iluminar a entrada do porto de Mirasol, que levamos tamén reivindicando moito tempo e un adecentamento e conservación de todo o porto de Ribadeo. Imos cambiar as macetas, imos modernizar todo o porto”. E engadiu que “como sempre dicimos, o importante é abrir as portas da inversión a Ribadeo, xestionar, traballar e que todas as administracións invistan no noso pobo. Imos seguir nesa liña de colaboración e de xestión con todas as administracións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...