InicioOrientalRibadeoNova edición das Xornadas Gastronómicas Asturias en Ribadeo entre o 27 e...

Nova edición das Xornadas Gastronómicas Asturias en Ribadeo entre o 27 e 29 de outubro

A presidenta de ACISA, Carmen Cruzado, sinalou que "queremos render así homenaxe á veciñanza asturiana, que todas as fins de semana do ano se achega ata Ribadeo".

Publicada o

- Advertisement -

Chega a sexta edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán do 27 ao 29 de outubro. Están organizadas por Acisa e na cita participan 12 locais hostaleiros.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “desde Acisa seguimos apostando polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 27 ao 29 de outubro, como actividade dinamizadora da nosa hostalaría. Con elas queremos render así homenaxe á veciñanza asturiana, que todas as fins de semana do ano se achega ata Ribadeo a tomar os viños, os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a mercar no comercio local. A súa presenza é moi importante para nós e por iso volven un ano mais estas xornadas”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, explicou que “son 12 os locais participantes, que ofrecerán tapas e menús especiais ao longo da última fin de semana de outubro. As diferentes propostas gastronómicas asturianas poderanse encontrar nos seguintes establecementos hostaleiros: Galipizza, La Solana, Queimada, O Indiano, Mareta, A Horta de San Roque, La Bugalla, La Flor de Jose, Asador La Quinta, Costa Verde, O Alén e O Lar de Manolo”.

E engadiu que “todas as propostas gastronómicas dos locais participantes poderán consultarse nas redes sociais de Acisa a partires da semana que ven”.

Cruzado Iglesias sinalou que “as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo foron desde o primeiro momento un reclamo tanto para os residentes na Mariña lucense como para os veciños e veciñas do Principado, de aí que as organicemos de novo este ano. Queremos animar a asturianos e galegos a que vaian facendo un oco nas súas axendas para vir a Ribadeo a saborear todas as propostas que nos ofrecerá a hostalaría local os días 27, 28 e 29 de outubro. Calquera día é un bo momento para vir ata Ribadeo, pero si temos a posibilidade de facelo para saborear a gastronomía asturiana, mellor que mellor”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...