InicioOrientalRibadeoAs obras de mellora no forte San Damián en Ribadeo reciben un...

As obras de mellora no forte San Damián en Ribadeo reciben un investimento de 150.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

As obras de mellora do Forte de San Damián supoñen un investimento de 150.000 euros. O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Deputación para actuar nun edificio singular e moi importante para Ribadeo. Unha vez que rematen eses traballos o obxectivo é encher de contido o seu interior.

O rexedor insistiu este sábado en que “desde o Concello de Ribadeo seguimos traballando, xestionando e abrindo as portas ao investimento. Sempre o dixemos, nós queremos ter interlocución con todas as administracións, seguir xestionando, seguir falando e conservando as boas relacións coa Xunta, coa Deputación e tamén co goberno do Estado. A nosoutros o que nos interesa é que veña orzamento para Ribadeo, iso é o realmente importante”.

Vega dixo que “imos seguir traballando e colaborando coa Deputación, á que lle quero transmitir o agradecemento profundo como alcalde de Ribadeo por esa colaboración. Neste caso son 150.000 euros para mellorar e investir no Forte de San Damián”.

O alcalde subliñou que “nestes momentos as obras que estamos a facer son fundamentais. Necesitábamos reformar o Forte de San Damián, así entendeu o goberno anterior que tiña que solicitar esta subvención e nosoutros licitamos a obra, acreditamos que estabamos na mesma liña de conservar o patrimonio, ese legado que nos foi entregado gratuitamente. E xa estamos a traballar para mellorar un edificio singular e moi importante, a conservar e a potenciar desde o punto de vista da cultura”.

Daniel Vega explicou todos os traballos a acometer: “estamos eliminando as barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso ao interior do edificio, tamén eliminaremos toda a maleza do perímetro, porque realmente era vergoñento como estaba e esa imaxe que se trasladaba de abandono imos deixar de dala, imos reelaborar a estrutura da cuberta do baluarte existente e vamos retellar o edificio. Reparamos tamén os parámetros verticais exteriores da nave principal e vamos volver pintar. Actuaremos para eliminar todas as filtracións de auga nos distintos puntos que están a introducir humidades nas paredes e despois poñeremos unhas pranchas de pladur no interior das salas de exposicións. Tamén se delimitará todo o foso, todo o perímetro, con madeira, iluminarase o exterior do edificio, algo que vai enxalzar o propio Forte e vamos dotar de electricidade o inmoble, xa que na actualidade o subministro realízase a través doutro edificio público e iso non é correcto”.

Para o alcalde ribadense “estamos a falar dun impulso a un edificio significativo, singular, vamos darlle un impulso á cultura cun espazo renovado imos encher de contido o seu interior. Traballamos, xestionamos e conservamos o que nos foi entregado gratuitamente polos nosos antepasados e nós temos a obriga de conservar. E eses 150.000 euros significan un compromiso por parte do Concello e tamén por parte da Deputación, estamos a colaborar conxuntamente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...