InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle a interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste

Ribadeo acolle a interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste

O Congreso pecharase na mañá do martes con unha xornada de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras de España e das comunidades autónomas do cantábrico.

Publicada o

- Advertisement -


As federacións de confrarías de pescadores do cantábrico teñen unha cita a próxima semana en Ribadeo, que acollerá unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, na que representantes dos pósitos galegos, asturianos, cántabros e vascos volverán abordar diferentes temas de interese común para as confradías de pescadores do Cantábrico-Noroeste.

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova cita, que se celebra no Parador de Ribadeo o luns 30 e martes 31 de outubro, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.

Durante a tarde do lunes os representantes das federacións de confrarías manterán unha Xornada Técnica onde se fará unha revisión das conclusións da última Interfederativa, que se celebrou en Burela hai un ano, e abordaranse as principais preocupacións do sector.

O Congreso pecharase na mañá do martes con unha xornada de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras de España e das comunidades autónomas do cantábrico. Como é habitual, nesta reunión o sector exporá ás administracións as principais conclusións derivadas do traballo do día anterior.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...