- Advertisement -
Nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo desenvolverase o tradicional Mercado das Flores desde este domingo e ata o vindeiro martes, 31 de outubro.
Moitas son as persoas que se achegan a algún dos postos dos produtores locais, que alí se atoparán instalados, para mercar as flores e os centros para Todos os Santos e Defuntos coas que despois adornarán os panteóns e os nichos dos seus seres queridos.
O Mercado das Flores está aberto entre as nove da mañá e as dúas da tarde.