Ao redor de 70 nenas e nenos participaron na mañá deste sábado no TrickorTreat, actividade organizada por Kids&Us e Acisa Ribadeo para celebrar Halloween.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “desde Acisa gústanos poder crear este tipo de actividades, que divirten e entreteñen a péquelos da casa, e que ademais serven para que os seus pais e nais poidan dedicarse un pouco de tempo a eles mesmos, por exemplo a facer unhas compras ou saborear algunhas das propostas das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que estamos a celebrar desde onte e ata mañá, 29 de outubro”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, agradeceu a participación das 14 firmas que quixeron unirse ao TrickorTreat: “para que esta actividade resultase o máis atractiva posible para as e péquelos que se animaron a pasar unha mañá de sábado diferente con Kids&Us e Acisa Ribadeo. Grazas a Glass, Anais, Farfala, A Moda, Dequip, Baía, Farmacia Álvarez Lebredo, Coco, Dándara, ForFriends, Catro Ventos, Misstic, Carreira e Casa Mandarina”.