InicioEconomíaACISA Ribadeo edita sinais seguindo a Lei de Benestar Animal para asociados

ACISA Ribadeo edita sinais seguindo a Lei de Benestar Animal para asociados

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indica que “a pedimento das nosas socias e socios, decidimos editar unha serie de carteis especiais para aqueles negocios que os queiran usar, tras a entrada en vigor da lei de benestar animal e os seus efectos nas empresas".

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos edita sinalización para a adaptación dos negocios asociados á lei de benestar animal, que entrou en vigor a finais do pasado mes de setembro.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indica que “a pedimento das nosas socias e socios, decidimos editar unha serie de carteis especiais para aqueles negocios que os queiran usar, tras a entrada en vigor da lei de benestar animal e os seus efectos nas empresas. Fixemos dous tipos de carteis, un no que se informa á clientela de que pode acceder coas súas mascotas ao interior de determinados locais; e outro, no que se di que non se permite a entrada de mascotas. Cada negocio é libre de utilizar o modelo que precise ou co que senta identificado. E ademais aproveitamos para cubrir unha demanda que asociadas e asociados véñennos facendo chegar desde hai moito tempo, que é a concienciación dos propietarios de mascotas para que eviten que os seus cans ouriñen nas fachadas de locais comerciais ou particulares. E se o fan, que o limpen. Poden levar unha botella para poder eliminar o pis do seu can”.

Segundo explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez: “é importante indicar que hai uns días enviámoslles un resumo con información aos nosos socios e socias de como afecta a lei de benestar animal aos seus negocios. Nela, figura a posibilidade de non permitir a entrada de animais nos seus establecementos, pero debendo estar debidamente sinalizado. Por iso editamos estes carteis: o que permite o acceso de mascotas ao interior dos negocios e o que non o permite, amparándose na lei en cuestión. A estes dous sinais engadimos unha terceira relativa á continua presenza de ouriñes de cans nas fachadas de moitos locais, que os seus propietarios non se preocupan por eliminar. Queremos, entre todos, Acisa e negocios concienciar á cidadanía para que os cans non ouriñen as fachadas de tendas e bares. Para ter un pobo limpo e para ofrecer unha boa imaxe de Ribadeo debemos implicarnos todos”.

Cruzado Iglesias engade que “aqueles negocios asociados que precisen desta cartelería poden pasar a buscalos polas oficinas de Acisa ou solicitalos para que llos levemos. Como sempre o que tentamos con esta iniciativa é poñer ao dispor dos nosos socios, de forma gratuíta, cartelería que nalgún momento demandaron e poden necesitar. E poñémola ao dispor en varios modelos para que cada un escolla o que desexen en función da política de acceso ao seu negocio que cada un queira aplicar no seu local, sen pola nosa maneira, impoñer postura algunha respecto diso”.

Asturias en Ribadeo

Pérez Prada fixo un balance positivo das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que tiveron lugar do 27 ao 29 de outubro en 12 locais hostaleiros: “estamos contentos en Acisa pola acollida que tivo a sexta edición destas xornadas gastronómicas. Houbo moito ambiente á hora do vermú, á hora dos viños, para degustar as tapas e racións preparadas, e cónstanos que tamén funcionaron os menús elaborados para saborear o mellor da cociña asturiana ao longo destes días. A pesar da climatoloxía desapacible da fin de semana podemos dicir que Asturias en Ribadeo segue tendo tirón. En Acisa traballamos para contribuír á dinamización da hostalería e do comercio de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...