InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle a interfederativa de confrarías do Cantábrico Noroeste

Ribadeo acolle a interfederativa de confrarías do Cantábrico Noroeste

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acolle durante o luns 30 e martes 31 de outubro unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa desde hai anos a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e na que participan representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías. Baixo o título ‘Reflexiones sobre a pesca artesanal: sostible, rendible e con futuro’, o evento serve un ano máis como foro de debate acerca de diferentes temas de interese para a frota de pequena escala. Abriu a xornada o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, tamén presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero.

Durante a tarde do luns os representantes dos depósitos galegos, asturianos, cántabros e vascos abordan diferentes temas de interese e preocupación común para as confrarías de pescadores do Cantábrico-Noroeste, tomando como punto de partida as conclusións da última Interfederativa, que se celebrou en Burela hai un ano. O congreso, que ten lugar no Parador de Ribadeo, pecharase na mañá do martes cunha xornada de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras de España e as comunidades autónomas do cantábrico. Como é habitual, nesta reunión o sector expoñerá ás administracións as principais conclusións derivadas do traballo do luns.

Esa sesión contará coa asistencia da secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime García; ademais doutros representantes das administracións central e autonómicas, como a directora xeral de Pesca Sostible, Mónica Corrales; a subdirectora xeral de Sustentabilidade Económica e Asuntos Sociais, Silvia Solís; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Antonio Basanta; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; o director de Pesca e Alimentación de Cantabria, Paulino San Emeterio; e o director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro AzcueMúgica.

Tamén estarán presentes o director xeral de Mariña Mercante, Benito Núñez Quintanilla; a subdirectora xeral de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima, Ana Nuñez Velasco; e a directora do ISM, Elena Martínez Carqués. Xa no acto de clausura e conclusións do congreso, que se celebrará a partir das 12:30h, unirase o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, o alcalde do Concello de Ribadeo, Daniel Vega, os representantes das organizacións de pesca de Lugo, Armadores de Burela, Porto de Celeiro, OPP-7 do Porto de Burela e OPP-77; e outras entidades pesqueiras e económicas de ámbito local.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...