InicioOrientalRibadeoOPINIÓN: Dous ribadenses especiais

OPINIÓN: Dous ribadenses especiais

Publicada o

- Advertisement -

Beni Mántaras, xornalista

Este pasado verán trouxo a Ribadeo moitos visitantes -creo que máis que nunca-, mais levounos dous ribadenses especiais, porque eran moi activos e porque non pasaban desapercibidos. Refírome a Alfonso Rodil e a Secundino Balsa, que faleceron repentina e prematuramente, o primeiro en xullo e o segundo en agosto.

Tiven máis relación con Alfonso, sobre todo na época en que compaxinou o seu traballo no hotel Ros Mary coa súa faceta de correspondente de prensa, ademais de membro de varias comisións organizadoras de diferentes festas en Ribadeo. Froito deses labores sabía numerosas anécdotas, que contaba con graza, e ademais tiña ocorrencias como referirse aos turistas domingueiros de praia que consumían pouco como “os que veñen co caldo en botellas”.

A Secundino coñecino sobre todo na súa faceta de peixeiro, atendendo á clientela coa súa simpatía habitual, e tamén me facía graza velo polas rúas de Ribadeo, andando ou en patinete, saudando a todo o mundo. Julio Iglesias, que está de actualidade porque acaba de cumprir 80 anos, canta “las obras quedan las gentes se van. Otras que vienen las continuarán. La vida sigue igual”.

Nalgunhas ocasións iso pode ser certo, pero agora en Ribadeo non, porque sen Secundino e Alfonso a vida non será tan divertida, sobre todo en Entroido. A ver se hai moitos que continúen as súas obras para que o Entroido ribadense de 2024 sexa grande e sirva de homenaxe a estes dous veciños especiais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...