InicioOrientalRibadeoRibadeo licita obras do Plan Único da Deputación para mellorar infraestruturas

Ribadeo licita obras do Plan Único da Deputación para mellorar infraestruturas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo está a licitar as obras do Plan Único da Deputación por importe de máis de 362.000 euros, destinado a mellorar infraestruturas nas parroquias do interior e nas da costa, segundo anunciou hoxe o alcalde, Dani Vega.

O rexedor contou que “desde o Concello estamos a licitar as obras do Plan Único da Deputación de Lugo. Imos investir mais de 362.000 euros en mellorar as infraestruturas das nosas parroquias”.

Vega explicou que “concretamente actuares en Ove na Faxarda e Igrexa; en Covelas en Vilela, Marelle, Sa e Salcedo; en Cedofeita na Trapa en Piñeiro; en Arante en Cee; en Santalla na Igrexa; en Couxela en Sindín e en Erixe. Isto nas parroquias do interior. Nas da costa actuaremos en Vilaselán na Grandela, na estrada LU-P-5202; en Piñeira no acceso ao matadoiro; en Vilaframil no Coto e na Siñeira; en Rinlo no campo de María Méndez; e na Devesa na Pedreira”.

O alcalde subliñou que “isto é un conxunto de estradas, de infraestruturas que se atopan nun mal estado e debemos actuar. Isto é o plan de infraestruturas do Plan Único e xa estamos a traballar noutros plans que se van anunciar en breve para tamén mellorar as infraestruturas”.

Dani Vega dixo que “lle agradecemos á Deputación este orzamento, ofrecémoslle toda a colaboración para seguir investindo no noso concello e nese espírito de colaboración e de xestión é no que está o goberno de Ribadeo”.

DANOS TEMPORAL

Caídas de árbores e farolas e danos en galpóns son algunhas das incidencias que deixou en Ribadeo o paso de Ciarán. O alcalde, Dani Vega, pide prudencia á veciñanza.

O rexedor declarou: “dende o Concello de Ribadeo pedimos prudencia nestes días de temporais”.

Vega contou que “a pasada noite actuamos en varios puntos por caída de árbores, perigo en certas farolas -algunhas caeron, como no Cantón-, houbo danos en casas e en galpóns,…”.

E engadiu: “hai que ser responsables á hora de acudir aos parques e pasear polas rúas. Aplicando o sentidiño non vai haber ningún problema”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...