InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo pide investimentos na rede ferroviaria que ve "fundamental"

O alcalde de Ribadeo pide investimentos na rede ferroviaria que ve “fundamental”

O rexedor, Daniel Vega, apuntou: “desde Ribadeo, desde A Mariña, e eu como alcalde e representante de todos os ribadenses reivindico que este goberno invista nunha rede fundamental como é a ferroviaria”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, reclámalle ao goberno do Estado investimentos na rede ferroviaria que atravesa A Mariña.

O rexedor dixo: “hoxe queremos darlle a benvida a todos os deputados nacionais, senadores e parlamentarios por acudir a Ribadeo a reivindicar algo de suma importancia e algo que hai que reivindicar constantemente, o que acredita que hai un goberno central e os partidos que apoian, como por exemplo o BNG, que non están a investir na nosa comarca e en consecuencia en Ribadeo”.

Vega manifestou que “desgraciadamente hai que trasladar un discurso moi crítico con este goberno central en moitos aspectos, pero nesta reivindicación que queremos facer hoxe conxuntamente con Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e Vicedo o maltrato é constante e continuo”.

O alcalde ribadense subliñou: “hai que dicir con moita claridade que Adif non está a investir na rede ferroviaria absolutamente nada e mira que dixeron outros partidos que ían reivindicar isto en Madrid, como o BNG, que dicía que había que investir no camiño do ferro. So utilizan un slogan ou unhas palabras que soan bonitas, pero na realidade hai cero euros de presuposto. E isto é lamentable e penoso, pero acredita perfectamente que estamos a vivir uns momentos moi negativos para o noso país e para o conxunto da nación”.

Daniel Vega sinalou que “na Mariña non se está a investir por parte do goberno central, agora nos queren dicir que van investir nas próximas datas, non nos cremos nada. Como pode crer unha persoa hoxe que quería vir de Asturias a Ribadeo e non tiña ningún medio de transporte público. O tren non funcionaba e o bus tampouco. ¿Qué medios está a aportar o goberno do Estado? ¿Qué medios orzamentarios está a propoñer o goberno central? Isto acredita que vivimos ante un goberno que está a pactar os seus intereses particulares, pero non os comúns, non está a velar polos intereses xerais. A rede ferroviaria necesita inversión para ter dobre ancho, para ter trens do século XXI e non do século pasado”.

E engadiu: “desde Ribadeo, desde A Mariña, e eu como alcalde e representante de todos os ribadenses reivindico que este goberno invista nunha rede fundamental como é a ferroviaria”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...