O equipo de piragüismo de Ribadeo conseguíu sete medallas de ouro no Campionato de España Sprint por Seleccións Autonómicas JJPP que se celebrou esta semana en Verducido, Pontevedra. Elena Justo Carballeira, Elena Gonzalez Rico e Manuela Lastra Castillo, participaron no Campionato de España Sprint por Seleccións Autonómicas JJPP, que se celebrou esta fin de semana en Verducido.
As deportistas ribadenses volveron subir ao podio. Así quedaron:
Elena Justo
Ouro en PK3 3000
Ouro en PK3 500
Manuela Lastra
Bronce en M Inf K1 3000
Ouro en M Inf A K1 500
Ouro en M Inf K2 500
Elena González
Ouro en M Inf K1 3000
Ouro en MX Inf K2 500
Ouro en M Inf K2 500
O edil de Deportes, Francisco José Silvent, felicitou ás rapazas do Club de Piragüismo de Ribadeo: “todo esforzo ten o seu premio e estas tres rapazas veñen de conseguir novos triunfos para o seu club e para Ribadeo. Sentímonos moi orgullosos dos seus éxitos e animámolas a seguir traballando. Felicidades tamén ao seu adestrador Ramón Cabodevila Iglesias e ao club pola labor que están desenvolver”.