InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo realiza a mellora das escolas nas parroquias

O Concello de Ribadeo realiza a mellora das escolas nas parroquias

O alcalde Dani Vega dixo: “quérolles agradecer ás asociacións a súa preocupación constante, ese traballo continuo de esixirnos inversión nas súas parroquias. É o que teñen que facer e a nosa obriga é investir, mellorar e rehabilitar eses locais sociais”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello mellora as escolas das parroquias. Xa actuou na contorna da de Vilaselán e no local da Rochela. O alcalde, Dani Vega, subliña que o importante agora é encher de contido todas estas instalacións.

O rexedor declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos investindo e rehabilitando as escolas das parroquias, os locais sociais nos que as asociacións fan moita da súa actividade e tamén o propio Concello a que promove todos os días”.

Vega dixo: “quérolles agradecer ás asociacións a súa preocupación constante, ese traballo continuo de esixirnos inversión nas súas parroquias. É o que teñen que facer e a nosa obriga é investir, mellorar e rehabilitar eses locais sociais”.

O alcalde lembrou que “xa se actuou en Vilela, en Piñeiro, en Couxela, tamén na escola de Piñeira, en Rinlo, en Vilamariz e en Noceda. Eses proxectos que financiou 100% a Deputación de Lugo, quérolle agradecer o seu traballo e a inversión realizada, son proxectos que quedaron do anterior goberno. E nós nestes cinco meses escasos que levamos xa activamos inversión en Vilaselán, mellorando toda a contorna da escola, e tamén mellorando edificio que nos quedaba que era A Rochela, porque anteriormente desde a oposición xa fomos xestionando inversión coa Xunta para mellorar concretamente a escola e agora quedaba o edificio, a casa que estaba ao lado mesmo”.

Dani Vega subliñou “ese traballo continuo de xestión e de preocupación por ter as nosas escolas rehabilitadas e nos imos traballar nesa liña rehabilitando os edificios e tamén algo importante, que é encher de contido e de actividade estes locais sociais. Nese traballo de xestión e de escoita permanente ás asociacións é no que está o Concello de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...