InicioOrientalRibadeoÉxito da campaña das Panchas con máis de cen mil retiradas nun...

Éxito da campaña das Panchas con máis de cen mil retiradas nun mes

O rexedor de Ribadeo, Daniel Vega, subliñou: “éxito absoluto da campaña das Panchas. Estamos satisfeitos e moi contentos de que funcione tan ben a campaña das Panchas, algo moi noso, algo moi de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

A quinta edición das Panchas, a moeda local de Ribadeo, está a ser un éxito. Nun mes xa foron canxeadas 106.000 e gastadas 73.000, segundo os datos facilitados hoxe polo alcalde, Dani Vega.

O rexedor subliñou: “éxito absoluto da campaña das Panchas. Estamos satisfeitos e moi contentos de que funcione tan ben a campaña das Panchas, algo moi noso, algo moi de Ribadeo”.

Vega indicou que “foron 200.000 as Panchas que se puxeron en circulación hai un mes, 106.000 xa foron canxeadas, e máis de 73.000 xa se gastaron”.

O alcalde dixo que “é unha campaña que funciona realmente ben. Tamén lle queremos dar as grazas a Acisa pola súa colaboración”.

E engadiu: “é un impulso e unha inxección económica moi importante para Ribadeo”. A moeda local de Ribadeo estará en vigor ata o vindeiro 31 de decembro.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...