InicioOrientalRibadeoRibadeo organiza unha recollida de residuos de rodas agrícolas

Ribadeo organiza unha recollida de residuos de rodas agrícolas

O rexedor, Daniel Vega, explicou que “o Concello de Ribadeo organiza unha recollida de residuos de rodas agrícolas. Para facilitar este servizo imos habilitar dous puntos de depósito. Un estará situado no entorno da escola de Cedofeita e outro no campo da festa de Piñeira”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello organiza unha recollida de residuos de rodas agrícolas. Para facilitar este servizo habilita dous puntos: para a zona do interior en Cedofeita e para as parroquias da costa en Piñeira, segundo informa o alcalde, Dani Vega, a través dun Bando.

O rexedor explicou que “o Concello de Ribadeo organiza unha recollida de residuos de rodas agrícolas. Para facilitar este servizo imos habilitar dous puntos de depósito. Un estará situado no entorno da escola de Cedofeita e outro no campo da festa de Piñeira”.

Dani Vega dixo que “as rodas poderanse depositar neses puntos desde hoxe e ata o vindeiro 30 de novembro”.

O alcalde indicou que “son rodas agrícolas inutilizadas, solo agrícolas, que en tempos se empregaban para tapar os silos ou para outras cousas, pero agora non ten ningún obxecto telas tiradas nas cunetas ou apartadas nas explotacións gandeiras e o que non pode ser é que a administración pública, neste caso o Concello, permita a existencia deses vertidos incontrolados de rodas. Non estaríamos traballando pola conservación do medio ambiente si permitimos que iso siga así tirado ou abandonado ou incluso en moitos sitios tiradas nas beiras dos ríos. Iso non pode ser e coa colaboración de todos, tamén coa da Xunta, imos intentar esta primeira fase a ver como sae e ir pouco a pouco facendo este tipo de actividades, recollendo estes residuos e que os leve a Xunta”.

Para Vega “é unha boa medida. Pido a colaboración de todos. Serán uns días para poder levar todas esas rodas agrícolas a eses dous puntos, en Piñeira e en Cedofeita, e a ver como nos sae. Iremos levando a cabo pouco a pouco estas medidas para conservar entre todos o medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...