IniciosociedadeA VII Xornada de Protección Civil da provincia de Lugo celebrouse en...

A VII Xornada de Protección Civil da provincia de Lugo celebrouse en Ribadeo

O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, participaron na inauguración destas xornadas que tivo lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval. O programa incluíu ponencias, prácticas no porto deportivo de Ribadeo e xantar de confraternidade no Parador de Turismo.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo segue sendo un referente para diversos colectivos á hora de elixir un espazo para a celebración de encontros e congresos. Este pasado sábado acolleu a VII Xornada de Protección Civil da Provincia de Lugo, que organiza a Federación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Lugo.

O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, participaron na inauguración destas xornadas que tivo lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval. O programa incluíu ponencias, prácticas no porto deportivo de Ribadeo e xantar de confraternidade no Parador de Turismo.

O rexedor declarou: “espero que Ribadeo continúe a ser un referente para este tipo de eventos e o meu máis sincero agradecemento a voluntarios e voluntarias e a todo o servizo de Protección CIvil polo seu grande traballo”.

No acto de clausura fíxose entrega de placas de ouro ao mérito de Protección Civil ás Agrupacións da Provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...