InicioOrientalRibadeoFinalizan en Ribadeo as xornadas de defensa persoal feminina

Finalizan en Ribadeo as xornadas de defensa persoal feminina

As xornadas foron organizadas pola Concellería de Igualdade e a Asociación Española de Gardas Civís arredor do 25N.

Publicada o

- Advertisement -

O auditorio municipal de Ribadeo acolleu unha mesa redonda, no marco das xornadas de defensa persoal feminina organizadas pola Concellería de Igualdade e a Asociación Española de Gardas Civís arredor do 25N.

Sobre Defensa con dereitos: navegando o labirinto xurídico para a autoprotección falaron Montse González, avogada do CIM de Ribadeo; Julio Martínez, maxistrado e coordinador en Asturias da Asociación Xuízas e Xuíces para a Democracia; José Luis Raposo, subteniente diplomado en Policía Xudicial e xefe de EDOA en Lugo; Gerardo Sevilla, diplomado en Policía Xudicial e comandante de posto da Garda Civil en Ribadeo; e Gema López, membro do equipo Viogen da Garda Civil en Burela e Ribadeo.

Na mesa redonda déronse datos como que o CIM de Ribadeo presta atención ao ano a máis dun cento de mulleres; que na actualidade hai 32 casos de violencia de xénero en Ribadeo en situación de seguimento, a maioría de risco baixo e algún de risco medio, aínda que tamén houbo algún de risco alto. Tamén se indicou que de cada 10 ordes de protección solicitadas aos xulgados, de media en España 7 son concedidas e 3 rexeitadas.

Os poñentes aludiron ao illamento social que sofren as vítimas de violencia de xénero, falaron sobre a violencia física, pero tamén sobre a psicolóxica e a económica. E fixeron fincapé en que tanto no CIM como no equipo Viogen, de Ribadeo, as mulleres que o precisen poderán atopar axuda. E avogaron por que as administracións destinen máis medios á formación en igualdade, xa desde a idade escolar.

Tamén este sábado e o pasado no pavillón municipal tivo lugar un taller de defensa persoas que foi impartido por Miguel Ángel Villanueva, monitor cinto negro de judo, jiu-jitsu e kung fu wu-shu. O pasado 11 de novembro tamén se desenvolveu unha xornada psicolóxica.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, tivo palabras de agradecemento para a AEGC “pola organización destas xornadas de defensa persoal feminina, ás participantes no taller de defensa persoal e ao monitor e a todos os ponentes que participaron nas dúas charlas que desenvolvemos, unha na que abordamos aspectos psicolóxicos e outra na que analizamos cuestións legais”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...