InicioOrientalRibadeoRibadeo abre unha fin de semana intensa da man de ACISA

Ribadeo abre unha fin de semana intensa da man de ACISA

Publicada o

- Advertisement -

Esta fin de semana os días 24, 25 e 26 de novembro Acisa leva a cabo dúas campañas: as Xornadas de Exaltación da Pescada de Burela e o Black Friday nas que participan un total de 63 negocios asociados.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anima “a acudir a Ribadeo do 24 ao 26 de novembro por moitos motivos. Para saborear as propostas gastronómicas que teremos en 17 bares e restaurantes coa pescada de Burela, como protagonista. Haberá moitas tapas e tamén racións e pratos elaborados con esta delicia do petisco. Hai que vir gozar das ofertas e dos descontos do Black Friday en 46 establecementos comerciais de Ribadeo”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comenta que “aínda hai máis, porque estas dúas propostas de Acisa Ribadeo coinciden coa campaña da Pancha, a tarxeta aforro en Gasolineira Valcarce e a campaña ‘O mellor comercio da túa vila’. Isto sen dúbida fai de Ribadeo o mellor destino para esta fin de semana, para veciños e visitantes coa posibilidade de facer compras moi alcanzables e gozar da mellor gastronomía”.

Cruzado Iglesias destaca que “o noso Black Friday dura tres días, incluído o domingo, xornada na que en moitos lugares non abren os negocios. Nestas tres xornadas quen se achegue a Ribadeo poderán atopar todo tipo de ofertas e promocións en 46 establecementos asociados a Acisa. Toda a información destas campañas, as diferentes ofertas e propostas pódenas atopar na web www.acisaribadeo.es ou nas nosas redes sociais: facebook e instagram”.

Pérez Prada engade: “non creo que sexa esaxerar se dicimos que esta fin de semana non veremos ningún lugar cunhas posibilidades tan amplas como estas das que gozaremos en Ribadeo. Pasear polas nosas rúas, facer as compras no noso comercio, deixarse sorprender polas propostas dos nosos hostaleiros, abaratar o custo cando enchamos o depósito do noso coche e ademais ter a posibilidade de levar un premio. Quen dá máis? Non é unha frase feita, o mellor plan esta fin de semana está en Ribadeo. Aquí esperámosvos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...