InicioOrientalRibadeoSete novas integrantes debutan na Banda de Ribadeo no concerto de Santa...

Sete novas integrantes debutan na Banda de Ribadeo no concerto de Santa Cilla

Publicada o

- Advertisement -

Sete rapazas debutaron coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto de Santa Cilla, que se celebrou este sábado, no Teatro ribadense.

As novas incorporacións da Banda de Ribadeo son: as frautistas Carla Rañón Broz e Sabela Cereijo Maseda; nos clarinetes Laura Bolaño Cotarelo e Iría Molejón Fernández; no saxo soprano Elena Justo Carballeira; no saxo alto Mar Cereijo Maseda e no violonchelo Sofía Rodríguez Zambrano.

Nesta actuación a Banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, interpretou por primeira vez seis obras: Baroque Suite, arranxada por James Curnow, con Amie García Salinas como solista; Alejandro El Magno, de Miguel A. Mateu, con Darío López Sanjurjo de solista; Pequeña Czarda, de Pedro Iturralde e arranxada por Roger Niese, con José Pillado Torres como solista; Queenwood Overture, de Anne McGinty; Korean Folk Rhapsody, de James Curnow; Dragon Slayer, de Rob Grice; e Andalucía, de Víctor López. Tamén tocaron Adagietto for flute, de Ten Huggens, con Antía Murias Sampedro de solista; Celtir air and dance Nº3, de Michael Sweeney; Odilia, de Jacob de Haan; e Granada, de Agustín Lara, está ultima de bis.

Ao principio do concerto o director da Banda presentou ás sete novas compoñentes da formación e ao final da actuación felicitou aos solistas polo traballo realizado, porque non “é unha tarefa fácil” e pediu un aplauso para as debutantes, que espera que estean moito tempo na Banda.

O próximo concerto da Banda Municipal de Ribadeo será o tradicional Aquí como en Viena, que está programado para o 29 de decembro ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...