InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo fai balance positivo das xornadas sobre pescada

ACISA Ribadeo fai balance positivo das xornadas sobre pescada

A presidenta da asociación, Carmen Cruzado, dixo: “estamos satisfeitos da acollida que tiveron estas xornadas entre o sector hostaleiro porque foron 18 os locais que participaron elaborando tapas, racións e pratos con merluza de Burela".

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo fai un balance positivo das Xornadas de Exaltación da Merluza da Burela, celebradas a pasada fin de semana en 18 locais hostaleiros.

A presidenta da asociación, Carmen Cruzado, dixo: “estamos satisfeitos da acollida que tiveron estas xornadas entre o sector hostaleiro porque foron 18 os locais que participaron elaborando tapas, racións e pratos con merluza de Burela. Entre todas as propostas atopamos unha boa mestura de innovación e tradición, que triunfou entre a clientela que de venres a domingo decidiu saborear toda esta oferta gastronómica”.

Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento para a OPP do Porto de Burela: “grazas á colaboración da OPP do Porto de Burela puidemos entregar de xeito gratuíto preto de 90 quilos de merluza aos locais hostaleiros para animalos a participar nesta cita. Sabemos que foron un éxito, porque así nolo comentaron moitos negocios”. E engadiu: “agardamos poder seguir colaborando para organizar outras citas gastronómicas que contribúan á dinamización do sector hostaleiro e para seguir apostando polos produtos do mar, polos produtos que chegan ao porto burelés e por unha alimentación saudable, porque o consumo de peixe é fundamental na nosa dieta”.

Guía Michelín

Ademais a presidenta de Acisa comentou que “en nome de Acisa Ribadeo queremos felicitar ao restaurante Javier Montero, que ven de obter un recoñecemento na Guía Michelín, por cuarto ano consecutivo. Para nos é un orgullo contar con asociados que son distinguidos polo seu traballo e pola súa dedicación, xa que isto é unha mostra e reflexo da calidade gastronómica de Ribadeo e da nosa hostalería”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...