InicioOrientalRibadeoBallet en Ribadeo co 'Quebranoces' o 1 de decembro

Ballet en Ribadeo co ‘Quebranoces’ o 1 de decembro

A edil ribadense, Begoña Sanjurjo, indicou que “servirá para achegar a danza a un público quizais non acostumado a este tipo de espectáculos”.

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo representará O Quebranoces o 1 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “este venres, 1 de decembro, a sección de Danza da EMMeD de Ribadeo porá en escena O Quebranoces, como adianto do Nadal. Será para 500 escolares de Primaria e tamén para as usuarias e usuarios do centro de día”. As sesións serán ás 10 e ás 11:30 horas.

A edil ribadense indicou que “servirá para achegar a danza a un público quizais non acostumado a este tipo de espectáculos”. Sanjurjo engadiu: “agradecemos ao alumnado e ao profesorado da Escola de Música e Danza o esforzo para levar a cabo dúas funcións na mañá deste venres. Grazas de corazón”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...