InicioOrientalRibadeoRibadeo prende as luces do Nadal 2023-2024

Ribadeo prende as luces do Nadal 2023-2024

Publicada o

- Advertisement -

Co acendido esta tarde do alumeado Ribadeo deulle á benvida ao Nadal. O alcalde, Dani Vega, dirixiulle á veciñanza congregada no parque de San Francisco para desexarlles unhas boas festas. Despois visitou o Mercado do Nadal instalado na contorna da Praza de Abastos. Fíxoo acompañado das concelleiras e concelleiros do equipo de goberno Montse Seijo, Elena Sierra, Francisco José Silvent e Diego dos Santos.

E a continuación foi inaugurado o photocall de Acisa Ribadeo na rúa Rodríguez Murias. Neste percorrido tamén participaron a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. Asistiu tamén ao acto de acendido do alumeado de Nadal o presidente da comisión de festas de Ribadeo, Gonzalo Lebredo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...