InicioOrientalRibadeoAberto o prazo para inscribirse na I Marcha interxeracional en Ribadeo

Aberto o prazo para inscribirse na I Marcha interxeracional en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Ata o 15 de decembro está aberto o prazo de inscrición na I Marcha Interxeneracional San Silvestre, que organiza o CAMP A Concordia coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

O percorrido irá dende a Rúa Dionisio Gamallo Fierros ata a Praza de España. Trátase dunha actividade deseñada para todas as persoas incidindo en que a accesibilidade debe estar presente na vida cotiá. Todas poden participar nesta proba, aportando conciencia social, facilitaránselles uns panos que os levarán a poñerse nos zapatos das persoas con capacidades diferentes.

A edil de Benestar Social, Elena Sierra, anima a participar: “desde o Concello facemos unha chamada á participación de nenas e nenos, avoas, avós, con bastón, con muleta, con andador, en cadeira de rodas… é un percorrido corto e inclusivo, que queremos facer todas xuntas e xuntos”.

A inscrición para participar pode facerse de xeito presencial no Centro de Día A Concordia ou chamando aos teléfonos 982 120 407 / 638 295 573.

No acto de presentación estiveron a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent. Ambos animan a sumarse a esta I Marcha Interxeneracional San Silvestre, máis metros máis posibilidades.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...