InicioOrientalRibadeoMáis de 400 persoas xa se apuntaron para a XXXIII San Silvestre...

Máis de 400 persoas xa se apuntaron para a XXXIII San Silvestre de Ribadeo

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou que “ata o 26 de decembro está aberto o prazo de inscrición na trixésimo terceira edición da San Silvestre de Ribadeo".

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 408 persoas se anotaron xa para participar na XXXIII San Silvestre de Ribadeo. A inscrición segue aberta ata o 26 de decembro.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou que “ata o 26 de decembro está aberto o prazo de inscrición na trixésimo terceira edición da San Silvestre de Ribadeo. Ata o día de hoxe contamos con 408 corredores inscritos nas diferentes categorías establecidas”.

O edil ribadense anima a participar nesta tradicional cita: “queremos animar desde a Concellería de Deportes a todas aquelas persoas que queiran despedir o ano correndo a nosa San Silvestre a que se anoten, porque aínda teñen uns días para poder facelo a través de championchipnorte.com”.

Silvent engadiu: “queremos lembrar que haberá premios en metálico e tamén trofeos para as gañadores e gañadores. E tamén agradecer, unha vez máis, a colaboración de Eroski e Gadis, que están apoiando ás corredoras e corredores xunto ao Concello de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...