InicioOrientalRibadeo'O Ferrado Marelo' recibe o premio ao mellor comercio de Ribadeo

‘O Ferrado Marelo’ recibe o premio ao mellor comercio de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Acisa felicita ao Ferrado Marelo, que foi recoñecido pola clientela como O mellor comercio da túa vila en Ribadeo, na campaña organizada pola Federación de Comercio de Galicia co apoio da Deputación de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, foron os encargados da entrega do premio a Patricia Pérez, que recibiu os votos na web do concurso por parte dos clientes que fixeron as súas compras en Ribadeo dende o 14 de novembro o 7 de decembro. O acto tivo lugar na tarde de onte no Pazo de San Marcos en Lugo.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo tamén felicita ás clientas que foron premiadas nesta campaña: “queremos dar tamén a nosa noraboa a Blanca Rañón, gañadora dunha tarxeta regalo de 300 euros, por unha compra realizada en Bimba; e a María José Leal Travieso e Cristina González Fernández, gañadoras de sendas tarxetas de 150 euros, por compras realizadas en O Ferrado Marelo e Siñeiro Hogar. As tres, clientas do comercio ribadense, animáronse a concursar nesta campaña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...