O campo municipal Pepe Barrera acolleu a presentación das equipacións oficiais da tempada 2023/24 da SD Ribadeo e do Barres CF. Ao acto acudiron os preto de 260 nenas e nenos, que compoñen a grande familia da SD.
Desde a directiva agradecen o apio dos patrocinadores: “Adega Castillo San Damián, A Cofradía de Rinlo, Construcar, Pertejo SL, BeOne e Top Cad. Tamén a Gesnia Energía, Gestión Gratelu, Axa Seguros-Óscar García Teijeira SL e a Adamo-PC Coste pola súa colaboración. E a Marcos, de Deportes A Chaira, e a Lucía, de Serigrafía Eo, polo bo traballo que fixeron. Sen eles non poderíamos levar adiante este proxecto deportivo”.
Unha vez rematado o acto celebrouse a Primeira Comida do Nadal da Sociedade Deportiva, no pavillón do Colexio Público Gregorio Sanz para despedir, por todo o alto, a primeira parte desta temporada. O xantar foi servido por Chao dos Navais. Contou coa asistencia dunhas 450 persoas, “non faltou de nada: boa comida, música, animación, hinchables, sorteos… Queremos agradecer aos adestradores, a todos os nenos e nenas e ás súas familias a presenza e colaboración nos actos deste día, realmente para nós cheo de emoción e de sentimento. Así como a presenza do alcalde de Ribadeo e dos concelleiros de Deportes e de Obras, dos edís doutros partidos políticos, significando o seu apoio constante ao club, aportando sempre medios, ideas e colaboración”, subliñan desde a directiva da SD Ribadeo.
E engaden: “igualmente o noso agradecemento ao Ayuntamiento de Castropol e ao concelleiro de Deportes pola axuda que nos brindan e a todas e todos os que de forma desinteresada colaboran con nós cada xornada. Aproveitamos esta ocasión para desexarvos a todas e a todoas unhas Felices Festas e un Próspero Aninovo”.