InicioOrientalRibadeoO CIFP Porta da Auga acolle unha xornada sobre pintura de alta...

O CIFP Porta da Auga acolle unha xornada sobre pintura de alta decoración

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle unha xornada sobre pintura de alta decoración este xoves, 21 de decembro, ás 16:00 horas. É unha actividade organizada polo departamento de Edificación e Obra Civil do centro coa colaboración das empresas Eurocolor e Valpaint.

Está dirixida ao alumnado do centro, a profesionais do sector e a outras persoas interesadas nesta materia e a participación é gratuíta, pero os que queiran asistir deben inscribirse previamente a través do teléfono 609.00.99.98 ou do correo electrónico mendezdeandes@edu.xunta.gal.

O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta dá Auga, José Méndez de Andés, explica que “será unha xornada técnica de formación a cargo da empresa Eurocolor, apoiada por unha firma fabricante de produtos de alta decoración, Valpaint. Consistirá principalmente na aplicación de microcemento, que é algo bastante novo e que se utiliza moito ultimamente. É un material que queda moi ben, con acabados de distintas cores e pigmentos naturais. Virá un técnico para facer unha demostración da aplicación dese produto e tamén vai preparar distintos materiais de pintura de alta decoración, principalmente diversos tipos de acabados de estuco, para ver as distintas opcións que hai agora cos produtos novos que saíron ao mercado recentemente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...