InicioOrientalRibadeoVisita de tres xogadores do CB Breogán ao IES Dionisio Gamallo Ferros...

Visita de tres xogadores do CB Breogán ao IES Dionisio Gamallo Ferros de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Sobre 250 alumnas e alumnos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, de 1º e 2º de ESO, de 1º de BAC e da aula Especial, gozaron hoxe da presenza de tres xogadores do CB Breogán: Sergi García, Momo Diouf e Toni Nakic, acompañados de Máximus, a mascota do club lucense.

Houbo tempo para os animados bailes de Máximus, para expor moitas preguntas aos xogadores, para facerse fotos, para a firma de autógrafos e para algún que outro mate e canastra. Xogadores e mascota foron obsequiados polo centro educativo, que ademais recibiron gorros do Nadal (feito a medida no caso de Máximus) por parte de dous breoganistas ribadenses.

A cita tivo lugar no pavillón municipal de Ribadeo. Esta actividade forma parte do programa de patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a súa Área de Deportes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...