InicioOrientalRibadeoConcentración diante do Centro de Saúde de Ribadeo reclamando servizos de pediatría

Concentración diante do Centro de Saúde de Ribadeo reclamando servizos de pediatría

Publicada o

- Advertisement -

Veciños e veciñas de Ribadeo e comarca concentráronse diante do Centro de Saúde en sinal de protesta e demandanto solucións urxentes para os servizos de pediatría en Ribadeo e na comarca, que se resinte e colapsa por falta de recursos humanos. Isto vén ocorrindo moitas veces en Ribadeo e en moitos concellos da Mariña cando por exemplo hai baixas no persoal sanitario e non se cubren por parte do Sergas.


O concelleiro nacionalista Marcos Villamil que xunto coa tamén concelleira Raquel Ferreira interviron no acto e recordaron que hai pouco máis dun ano concentráranse tamén diante do Centro de Saúde denunciando as mesmas carencias que un ano despois, lonxe de mellorar, empeoraron.


Iniciativas do BNG no Parlamento para mellorar a sanidade pública que o PP bota abaixo


Os edís nacionalistas fixeron referencia á cantidade gran cantidade de iniciativas que o BNG fixo no Parlamento, e fixeron especial fincapé nas emendas formuladas aos Orzamentos da Xunta 2024 polo deputado mariñao Daniel Castro donde se pedía mais consignación orzamentaria para recurso humanos e materiais para a Atención Primaria na Mariña (2,5M€), e outros 2,5M€ específicamente para os servizos de pediatría. Así mesmo demandábase dotación para os servizos de matrona na comarca e 1M€ para a construcción do novo centro de saúde de Ribadeo, agora que xa hai terreos para a súa ubicación.


A sanidade pública en máns dos seus destructores: o Partido Popular


Lamentan os nacionalistas que todas estas propostas tan necesarias para a sanidade pública na Mariña e tan demandadas pola sociedade foran botadas abaixo ao votar en contra delas os deputados e deputadas do Partido Popular no Parlamento. “Con isto podemos comprobar en máns de quen está a sanidade pública en Galiza e na Mariña: en mans dos seus destructores”, afirmou o nacionalista Marcos Villamil, que animou á cidadanía a seguir mobilizándose en defensa deste dereito tan importante como é a sanidade pública.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...