InicioOrientalRibadeoNova iluminación no porto comercial de Ribadeo

Nova iluminación no porto comercial de Ribadeo

O alcalde, Dani Vega, explicou sobre o porto comercial que "esa zona comercial que era carente de luz e dende logo nosoutros cando estábamos na oposición xa o reivindicábamos".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia instalan nova iluminación no porto comercial de Ribadeo.O alcalde, Dani Vega, declarou que “seguimos xestionando orzamento, seguimos colaborando con todas as administracións, que é a nosa obriga: xestionar orzamento para Ribadeo e abrir as portas a ese traballo conxunto con todas as administracións”.

O rexedor explicou que “neste caso falamos da Xunta de Galicia e das melloras significativas que vai ter o porto, esa zona comercial que era carente de luz e dende logo nosoutros cando estábamos na oposición xa o reivindicábamos. Empezamos a traballar con Portos de Galicia para que fora posible a colocación de novas luminarias, concretamente de 13 novos puntos de luz, e aquí a mellora lumínica evidentemente é significativa”.

Vega indicou que “este traballo, que ten un orzamento de preto de 50.000 euros, foi grazas a unha reivindicación por parte de Ribadeo e a Xunta de Galicia entendeu que había que facer este investimento tan importante e que tamén reclamaban moitos veciños que camiñan pola zona portuaria. Había unha carencia lumínica moi importante, polo que nosoutros entendíamos que había que facer esta mellora. Xa a fixemos e agora nos próximos días se dará luz a toda esa zona”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...