InicioOrientalRibadeoVisita da Carteira Real aos nenos e nenas de Ribadeo

Visita da Carteira Real aos nenos e nenas de Ribadeo

As pícaras e os pícaros aproveitaron para deixar no buzón real as súas cartas dirixidas a Melchor, Gaspar e Baltasar. A carteira real repartiu caramelos entre os máis pequenos da casa.

Publicada o

- Advertisement -

Ducias de nenas e de nenos tiveron a oportunidade na tarde de onte, venres, de achegarse en Ribadeo a falar coa carteira real dos Magos de Oriente, que escoitou atentamente as súas peticións. As pícaras e os pícaros aproveitaron para deixar no buzón real as súas cartas dirixidas a Melchor, Gaspar e Baltasar. A carteira real repartiu caramelos entre os máis pequenos da casa.


O photocall de Acisa, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi o punto de encontro cos nenos e coas nenas que paseaban coas súas familias e aos que lles sorprendía atoparse con esta especial presenza.  


A  visita da carteira real foi organizada por Acisa xunto coa Comisión da Cabalgata de Reis e coa colaboración do Concello de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...