A Escola de Cedofeita acolleu na tarde de onte unha chocolatada, a visita do carteiro real e baile.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “as actividades de Preto de Ti descansaron durante o Nadal, pero onte quixemos ter un encontro especial na escola de Cedofeita. Alí veciñas e veciños das nosas parroquias puideron gozar dunha chocolatada con rosca de Reyes e moito baile. Ademais recibiron a visita do carteiro real, que recolleu as súas cartas a maiores e peques e escoitou as súas peticións para trasladarllas aos Magos de Oriente, que están a piques de chegar”.
A edil ribadense lembrou que en Ove tivo lugar hai unhas semanas o magosto, que reuniu tamén ás persoas participantes en Preto de Ti.
Sierra engadiu: “pasamos todos xuntos unha tarde de ilusión, de baile, de risas, pedindo que o 2024 tráianos a todos moitas alegrías. As actividades de Preto de Ti nas parroquias de Ribadeo renovaranse nos próximos días”.