InicioOrientalRibadeoComezan as rebaixas de inverno en Ribadeo

Comezan as rebaixas de inverno en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

En Ribadeo arrincaron as rebaixas de inverno, que se prolongarán ata finais de febreiro ou principios de marzo. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos esperan que se siga apostando polo comercio local, do mesmo xeito que ocorreu nas pasadas festas do Nadal. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “como todos sabemos onte empezou unha nova campaña de rebaixas, que se estenderá durante as próximas semanas ata en moitos casos a última semana de febreiro ou a primeira de marzo. Desde Acisa queremos lembrar a veciños e veciñas que no comercio local atoparán todo o que necesitan. Ribadeo é referente comercial e iso tamén se fai notar durante as rebaixas. Aquí atoparán moda, calzado, xoiería, electrónica, electrodomésticos, agasallo, saúde, … cos mellores descontos e a mellor calidade, e sobre todo cun trato personalizado e moitas facilidades”.

E engadiu: “este ano queremos desde Acisa facer un chamamento moi especial a que tanto os veciños e veciñas de Ribadeo como de toda a comarca fagan as súas compras de rebaixas en Ribadeo, no comercio local, fronte á posibilidade de facelo por internet. Vimos dunha campaña de nadal moi bo na o que polo menos en Ribadeo dá a sensación de que primou moito máis o comercio local que as vendas en liña, grazas entre outras cousas a ese trato persoal e a esas facilidades que che dan nunha tenda física, e por iso esperamos que agora en rebaixas, siga esa tendencia”.

Pérez Prada sinalou que “como todos os anos os nosos negocios asociados contan con cartelería e tarxetas de prezos, de forma gratuíta, para que poidan anunciar os seus descontos da mellor maneira posible”.

Éxito da campaña de Nadal

Pola súa banda, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, fixo unha valoración moi positiva da campaña de nadal: “desde Acisa estamos moi satisfeitos co funcionamento desta campaña de nadal. Ribadeo víase cheo de bolsas de comercios locais, as nosas casas e as doutros moitos lugares enchéronse de papel de agasallo de tendas de Ribadeo. Os primeiros datos que temos son moi bos, esgotáronse practicamente válelos desconto para a pista de xeo, repartíronse 30.000 en total, e tendo en conta que só se daba un por tícket, estamos a falar que polo menos nun mes fixéronse 30.000 operacións de venda, e quedan en negocios moi contados algunha rifa para a XIII Festa do Comercio desta fin de semana, para a que se editaron 170.000 rifas, 20.000 máis que a pasada edición. Polo que sen dúbida a campaña comercial en Ribadeo foi excelente.”

A presidenta do colectivo empresarial ribadense indicou que “a nivel hostaleiro e hostaleiro estamos moi satisfeitos, as cifras de ocupación hostaleira están na media de todos os anos nestas datas, e o consumo en hostalería foi moi elevado. O que nos indican os nosos socios é que as fins de semana traballaron moi ben, con varias quendas de comidas e especialmente de ceas, debido ás ceas de amigos e de traballo, típicas do Nadal. Os bares e cafeterías, indícannos que o consumo tamén estivo ben, que os viños de mediodía e de noite funcionaron moi ben, así como as merendas. Por tanto, para a hostalería tamén foi unha gran campaña, e iso alégranos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...