InicioOrientalRibadeoRibadeo anima aos propietarios en zonas ARIS que pidan subvencións para rehabilitación

Ribadeo anima aos propietarios en zonas ARIS que pidan subvencións para rehabilitación

O alcalde, Dani Vega, explicou que “o prazo de solicitude xa está aberto e remata para xustificar toda a obra o 30 de abril de 2025. Hai un tempo considerable e importante para facer os traballos”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, anima aos propietarios de vivendas sitas nos Aris de Ribadeo e de Rinlo a solicitar subvencións para a súa rehabilitación. A partida destinada a este fin achégase aos 100.000 euros.

O rexedor dixo: “animamos a todos os propietarios que teñen vivendas no casco histórico de Ribadeo e tamén no conxunto da vila mariñeira de Rinlo. Animar a solicitar estas subvencións para rehabilitar, dinamizar e conservar entre todos estes espazos significativos”.

Para Dani Vega “no conxunto histórico de Ribadeo non debemos botar por terra todo o traballo que se fixo durante todos estes anos, todo o contrario, debemos pisar o acelerador, debemos traballar intelixentemente e cunha estratexia clara”.

O alcalde considera que “o Concello ten que facer un traballo importante, pero tamén podemos facelo a título particular e todos os propietarios que teñen unha vivenda no casco histórico de Ribadeo teñen que saber que teñen a oportunidade de solicitar unha subvención para conservar e rehabilitar o seu fogar. Isto é importante. Tamén a vila mariñeira de Rinlo, a vila por excelencia mariñeira, a vila máis importante que ten esas connotacións, que ten esa vida propia, debemos conservala entre todos. E tamén teñen a oportunidade de solicitar estas subvencións”.

Vega explicou que “o prazo de solicitude xa está aberto e remata para xustificar toda a obra o 30 de abril de 2025. Hai un tempo considerable e importante para facer os traballos”.

O rexedor contou que “hai que cumprir varios criterios como pode ser mellorar as condicións de habitabilidade e accesibilidade das vivendas, tamén unha presenza significativa da unidade de acción no espazo público, por razón socioeconómica así como medidas de aforro enerxético”.

O alcalde ribadense cre que “son medidas que se poden cumprir perfectamente. Nós desde o Concello estamos a disposición todos os días da semana para asesorar e para informar na unidade técnica do Ari. Entre todos imos seguir avanzando e apostando polo casco histórico de Ribadeo, algo moi importante que se fixo nestes anos e non hai que tiralo por terra, hai que seguir trazando unha estratexia clara. O propio Concello ten que facer moitos traballos, que os está a facer, pero tamén ten que haber unha unidade estratéxica de acción coas distintas administracións e neste caso falo coa Xunta de Galicia. Seguimos colaborando con eles para inxectar este orzamento, que ven da Xunta, e nosoutros imos informar, asesorar e traballar conxuntamente, que é o mais importante”. O prazo de solicitude destas axudas está aberto ata o vindeiro 18 de febreiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...