InicioOrientalRibadeoRibadeo pecha a programación de Nadal cun concerto de Emilio Rúa

Ribadeo pecha a programación de Nadal cun concerto de Emilio Rúa

Estará acompañado polo Coro do Sagrado Corazón.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo pon o broche final á programación de Nadal co concerto que ofrecerán Emilio Rúa e o Coro Sagrado Corazón este venres, día 12, ás 20:45 horas na igrexa parroquial.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinala que “imos despedir a nosa programación de Nadal con esta actuación do Coro Sagrado Corazón xunto a Emilio Rúa, que ofrecerán un Concerto de Reis moi especial. Neste concerto haberá ocasión de desfrutar das voces de Emilio e do Coro por separado e en conxunto interpretando diversas panxoliñas. Animamos a toda a veciñanza a achegarse este venres á igrexa parroquial de Ribadeo”.

A edil ribadense indica que “con este acto remata máis dun mes dunha ampla e variada programación que arrincaba en decembro co Mercado do Nadal e na que desde o Concello quixemos facer de Ribadeo o referente da comarca astur galaica con actividades para todos os públicos: festivais, musicais, obradoiros, contacontos, concertos, Cabalgata de Reis… agardamos que a veciñanza e a xente que nos visitou desfrutaran de todas elas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...