InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo dá a coñecer os nomes dos gañadores da XIII Festa...

ACISA Ribadeo dá a coñecer os nomes dos gañadores da XIII Festa do Comercio

Publicada o

- Advertisement -

Miles de persoas seguiron o sorteo da XIII Festa do Comercio, de Acisa Ribadeo, celebrado esta noite nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro. En xogo estaban 6.000 euros en vales de premios para gastar nos negocios locais asociados ao colectivo empresarial ribadense.

O 1º premio, de 2.500 euros foi para Naroa Penedo Rodríguez

O 2º premio, de 1.500 euros correspondeulle a Isabel Aguado Yáñez

O 3º premio, de 1.000 euros foi para Rosa Mª Díaz López

O 4º premio, de 500 euros correspondeulle a Luis Vieira Crespo

O 5º premio, de 250 euros foi para Miguel Ángel Cima Álvarez

E o premio non presencial, de 250 euros, foi para o número 158.296 (entregado en la Farmacia Álvarez Lebredo)

A noite arrincou co sorteo do premio non presencial, no que entraron as 170.000 papeletas distribuídas desde o pasado 1 de decembro entre todas as persoas que fixeron as súas compras en Ribadeo. Un programa informático foi o encargado de elixir o número gañador. A persoa afortunada terá ata o 13 de marzo para poder reclamar o seu premio na oficina de Acisa Ribadeo.

E a continuación sorteáronse os outros cinco premios. Foron as mans inocentes de nenas e nenos asistentes á Festa do Comercio os encargados de extraer as papeletas entre todas as que foron introducidas na furna instalada a carón das carpas ao longo da tarde de hoxe. As afortunadas e afortunados disporán de tres meses, ata o 13 de abril, para consumir os seus premios nos negocios asociados a Acisa Ribadeo.

Na entrega de premios participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; a concelleira de Comercio, Marta Saiz; o CEO de BeOne (firma patrocinadora do evento), Roberto Ramos; a presidenta e a vicepresidenta de Acisa, Carmen Cruzado e Virginia Eceiza; e o xerente da asociación, Jesús Pérez.

Interviñeron antes do inicio do sorteo a presidenta da patronal ribadense e o rexedor. A XIII Festa do Comercio de Acisa Ribadeo foi conducida polo xornalista Félix Jorquera, de RadioVoz e Crónica 3 A Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...