O 27 de xaneiro arrincan en Vilela os Seráns de Teatro do Concello de RIbadeo, que se enmarcan no programa Preto de Ti.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, subliñou que “desde a concellaría de Benestar Social seguimos apostando pola dinamización do concello. Así, dentro do programa Perto de Ti comezamos unha nova andaina cos Seráns de Teatro”.
A edil ribadense explicou que “o grupo de teatro Adala, de Fazouro, comezará o sábado, 27 de xaneiro, ás 19 horas en Vilela coa obra Marina Club”.
Sierra dixo que “esta actividade continuará todas as semanas nunha parroquia diferente. Animo a toda a veciñanza a participar, xuntarse e gozar dun momento de entremento e risas, que compartiremos todos xuntos”.
Os Seráns de Teatro chegarán o 3 de febreiro ás Escolas de Couxela, tamén coa Adala e Marina Club.