InicioOrientalRibadeoO goberno de Ribadeo cre que o BNG debe pedir desculpas pola...

O goberno de Ribadeo cre que o BNG debe pedir desculpas pola chapuza coa pista multideporte

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “nós atopámonos cun sistema eléctrico que, antes de que a obra fose entregada ao Concello, xa presentaba deficiencias".

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de goberno considera que o BNG debe pedir disculpas aos ribadenses pola chapuza feita coa pista multideporte. Deste xeito responde ás críticas vertidas no día de hoxe polos seus antecesores.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “nós atopámonos cun sistema eléctrico que, antes de que a obra fose entregada ao Concello, xa presentaba deficiencias; a pintura da pista xa case tiña desaparecido; e as canastras non estaban colocadas de xeito correcto co perigo que iso supoñía para as usuarias e usuarios”.

O edil ribadense dixo que “desde o equipo de goberno vímonos na obriga de ter que solucionar toda esta problemática pola vía administrativa e tentaremos que todo estea listo o máis rápido posible”.

Para Silvent “o BNG debería estar máis caladiño e arrimar a ombreira nunha obra que eles deixaron en mal estado. Desde o BNG deberían pedir disculpas a todos os ribadenses pola chapuza que fixeron con esta pista multideporte. A inversión foi moi grande e deixaron todo abandonado”.

E engadiu que “queremos contar coa opinión da xente nova que practican skate para coñecer a súa opinión e ver os mellores usos que se lle poden dar a esa pista multideporte, algo que consideramos que debería terse feito desde o principio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...