InicioOrientalRibadeoAberta en Ribadeo a inscrición para 'Viaxar en Igualdade' o 8 de...

Aberta en Ribadeo a inscrición para ‘Viaxar en Igualdade’ o 8 de marzo

Publicada o

- Advertisement -

No CIM está aberta a inscrición para Viaxar en Igualdade o vindeiro 8 de marzo ao Balneario Termas de Cuntis. A actividade foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo.

A edil ribadense contou que “a Concellería de Benestar Social e a Concellería de Igualdade axuntamos esforzos para ofrecer a experiencia Viaxar en Igualdade, unha visita ás termas de Cuntis. Incluirá almorzo, entrada ao balneario, charla informativa sobre os beneficios dos balnearios e comida. Será o 8 de marzo e sairase da estación de autobuses ás 7 menos cuarto da mañá”.

Sanjurjo subliñou que “para apuntarse hai que chamar ao 982.120.808 ou dirixirse ao CIM, no auditorio, antes do 5 de marzo, xa que as prazas son limitadas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...