InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo ve compensado o traballo da delegación en Fitur

ACISA Ribadeo ve compensado o traballo da delegación en Fitur

Publicada o

- Advertisement -

Acisa fai un balance positivo do traballo realizado pola delegación ribadense desprazada a Fitur.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, contou que “nestas xornadas de traballo que rematamos hoxe puidemos manter diversas reunións con operadores turísticos, axencias de viaxes e asociacións profesionais poñer en valor Ribadeo como destino turístico de calidade. Como noutras ocasións os visitantes que asistan a Fitur poderán levar un exemplar da guía de información turística e comercial de Acisa. Estes días asistimos ás presentacións institucionais tanto da Deputación de Lugo, da Mariña Lucense en Fitur e á do Concello de Ribadeo na Casa de Galicia”.

Pérez lembrou que “Acisa ven aplicando dende hai anos diferentes estratexias turísticas, coas que pretendemos potenciar o noso municipio como destino turístico de calidade e diferente aos demais con campañas como o Domingueo en Ribadeo, os barrios e vilas mariñeiras de Porcillán e Rinlo, o centro comercial coas mellores vistas… coas que vimos poñendo en valor todos estes aspectos que a nivel comercial, gastronómico e turístico nos diferencian e nos fan más atractivos para os posibles visitantes. Por iso dende Acisa consideramos que a nova campaña do Concello de Ribadeo pode ser moi positiva, xa que vai na mesma liña na que se leva traballando dende hai tempo”.

O xerente de Acisa indicou: “quixera tamén poñer en valor a presenza nesta feira de diversas empresas tanto asociadas como non asociadas, que apostan por esta cita como unha oportunidade de facer negocio e para conseguir visibilidade e posicionamento nun sector cada vez mais saturado, principalmente o hoteleiro e hostaleiro; e tamén poñer en valor o traballo dos catro restaurantes que participaron na xornada de onte na degustación ofrecida ma Casa de Galicia e na que os produtos de proximidade foron os protagonistas”.

Acisa aglutina a máis de 170 negocios de Ribadeo que “deste xeito estiveron representados na Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid ata o vindeiro domingo. Todo o traballo feito redundará de xeito positivo no tecido empresarial ribadense. O balance que facemos da nosa presenza nesta cita é positivo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...